Crema de cabaciña

Ingredientes:

Cabaciña, cebola, porro, aceite de oliva virxe extra, sal, auga



Elaboración:

  1. Cortar a cabaciña, sen pelar, a cebola e o porro en anacos grandes.
  2. Poñer un pouco de aceite na tarteira ao lume, cando estea en pouco quente engadir a cebola e o porro cortados. Deixar que se cociñen un pouco dándonlles voltas.
  3. Engadir a cabaciña en trozos e un pouco de auga e sal. Deixar cocer.
  4. Cando todos os ingredentes estean cocidos pasar pola batedora para facer puré, engadir máis ou menos auga segundo como queiras a crema de espesa.
Pode tomarse fría ou quente, ao servir poñer un pouco de pementa, aceite ou queixo.



Dificultade : Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios