Bonito en escabeche

Ingredientes: 

1/2 kilo de lombos de bonito sen pel, unha cebola, unha cenoria, a parte branca dun porro, unha cabeza de allo enteira sen pelar,  un vaso de aceite de oliva virxe extra, medio vaso de vinagre de viño branco, un vaso de viño branco, unha folla de loureiro, unha poliña de tomillo, unha culler sopeira de pementa negra sen moer, sal.



Elaboración:

  1. Poñer todos os ingredientes, excepto o bonito e un pouco do aceite, nunha tarteira. Quentar a lume baixo. Deixar ao lume 2 horas.
  2. Cortar o bonito en tacos e salgar. Poñer un pouco do aceite nunha tixola e marcar os anacos de bonito (que non cheguen a facerse). Reservar.
  3. Ao faltar 20 minutos de cocción das verduras botar os anacos de bonito á tarteira, se son grandes botalos cando falten 30 minutos.
  4. Apagar o lume e deixar que arrefríen, entón pasalo á neveira.
  5. Deixar repousar 48 horas antes de comelo.






Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 2 horas e media

Comentarios