domingo, 5 de maio de 2013

Polbo á feira

Ingredientes:

1 polbo de 2 kg aproximadamente, 1 pataca por comensal, aceite de oliva virxe extra variedade arbequina, pemento doce da Vera, sal maldon.





Elaboración:


  1. Se o polbo é fresco conxelalo durante, polo menos, dous días.
  2. Poñer unha tarteira ao lume con auga suficiente para cubrir completamente o polbo.
  3. Cando a auga está fervendo de seguido meter e sacar o polbo nela por tres veces.
  4. Despois da terceira vez deixar o polbo na auga fervendo durante 40 minutos, coa tarteira tapada.
  5. Pinchar cun mondadentes na parte máis gorda para comprobar que está feito.
  6. Apagar o lume e deixar repousar o polvo, na auga quente, durante 15 minutos.
  7. Mentres coce o polbo, poñer a cocer as patacas en auga con sal e unha folla de loureiro.
  8. Cando estean cocidas, e o polbo listo para servir, botarlles un pouco de pemento e aceite por enriba.
  9. Sacar o polbo da auga e cortar en anacos, botarlle o sal maldon, o pemento e o aceite ao gusto.
  10. Servir o polbo e as patacas.




Suxestión: as patacas poden cocerse na tarteira co polbo.
Nota: Coller o punto ao polbo parece complicado, así sae ben seguro.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 50 minutos.