Biscoito de mazá

Ingredientes:

4 ovos, 200 g de azucre, 200 g de fariña sen glute (Adpan), 7 g de impulsor químico, 1 ogurt, 40 g de aceite de oliva virxe extra moi suave ou aceite de xirasol, unha culler pequena de canela en po, 3 mazás reinetas, un pouco de brandy.




Elaboración:


  1. Acender o forno, arriba e abaixo, a 180ºC.
  2. Bater os ovos e o azucre ata que a mestura suba e estea branquecina.
  3. Engadir ao batido o iogur, o aceite e a canela. Seguir batendo.
  4. Pelar e relar unha das mazás e engadila á mestura anterior.
  5. Pelar e cortar moi fina outra mazá e poñela nun recipiente con brandy, reservar.
  6. Engadir a fariña mesturada co impulsor remexendo suavemente.
  7. Poñer a metade da masa nun molde redondo, de silicona.
  8. Distribuír por riba da masa os anacos de mazá que tiñamos no brandy.
  9. Engadir o resto da masa. Pelar e cortar  a terceira mazá e distribuíla por enriba da masa.
  10. Meter no forno, a media altura, durante 35 minutos.
  11. Comprobar que o biscoito está feito pinchándoo cun coitelo, se sae limpo apagar o forno, se non deixalo un pouco máis.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 50 minutos.