mércores 26 setembro 2012

Pastiñas de manteiga

Ingredientes:

125 g de fariña sen glute (Adpan), 100 de manteiga en pomada, 25g de azucre glas, un pouquiño de sal. Con estas cantidades saen unhas 25.



Elaboración:

  1. Quentar o forno a 180ºC.
  2. Mesturar todos os ingredientes.
  3. Pasar a mestura a unha manga pasteleira coa boquiña rizada.
  4. Ir poñendo as pastiñas sobre papel de forno.
  5. Meter no forno na parte alta durante 8 minutos, vixiar que non se fagan demasiado.
  6. Cando arrefrían poden bañarse en chocolate fundido.


Receita recollida El monstruo de las galletas , adaptada sen glute.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 20 minutos.

martes 25 setembro 2012

Marmelada de tomate

Ingredientes:

1,5 kg de tomate pelado e sen pebidas, 400 g de azúcar, o zume de un limón, 4 ou 5 cravos, medio pau de canela.



Elaboración:

  1. Poñer os anacos de tomate nunha tarteira e engadir todos os demais ingredientes. Remexer.
  2. Deixar repousar 24 horas.
  3. Poñer a tarteira ao lume e deixar fervendo 1,5 horas, remexendo de cando en vez.
  4. Deixar arrefriar e gardar en botes ao baleiro ou pódese conxelar.




Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 2 horas.


sábado 22 setembro 2012

Torta de cenoria

Ingredientes:

Para a base*: 4 ovos, 120 g de azucre, 60 g de maizena.
Para o recheo: 750 g de cenorias, 280 g de azucre, 300 g de coco relado, un pouco de augardente tostada.





*Esta tarta pode facerse utilizando como base bolos de leite (bolos suizos), biscoito comprado ou biscoitos de soletilla.

Elaboración:

Base*:
  1. Acender o forno arriba e abaixo a 180ºC
  2. Separar as claras das xemas, subir a claras da punto de neve forte e reservar.
  3. Bater as xemas e o azucre ata que estean brancas, engadir a maizena aos poucos mesturando ben.
  4. Engadir á mestura das xemas, as claras a punto de neve suavemente para que non baixen.
  5. Forrar con papel de forno unha das bandexas deste.
  6. Estender a masa sobre a bandexa e meter no forno 10 minutos.
  7. Cando estea frío cortar a medida do marco que se utilice (se non tes marco usa un molde desmontable).

* Dependendo do tamaño do marco o do molde podes necesitar máis dunha base

Recheo:
  1. Cocer as cenoiras ata que estean ben cocidas, facer un puré con elas.
  2. Engadir o azucre e o coco ao puré de cenorias.
  3. Engadir un chorro de augardente tostada.


Tarta:
  1. Poñer unha capa de biscoito no marco e cubrila co recheo, repetir. Terminar cunha capa de biscoito.
  2. Gardar unha parte do recheo para cubrir a última capa ao día seguinte.
  3. Meter na neveira poñendo algo de peso enriba e deixar ata o día seguinte.
  4. Cubrir cunha última capa de recheo.
  5. Botar por enriba un pouco de coco relado. Servese fría.





Dificultade: Media, se non fas a base fácil.
Tempo aproximado: Dúas horas, se non fas a base media hora.




xoves 20 setembro 2012

Biscoito salgado ao teu gusto

Ingredientes:

175 g de fariña sen glute (Adpan), 3 ovos, 125 g de leite, 75 g de aceite de oliva virxe extra arbequina, 10 g de impulsor, un pouquiño de ourego, un pouquiño de pementa negra moída.
*100 g de xamón cocido picado, 50 g de xamón serrano picado, 100 g de cenoria relada, 100 g de mestura de queixo parmesano e gouda relados, 50 g de pemento morrón picado, unha presa de aceitunas negras picadas.

*podes variar estes ingredientes ao teu gusto.








Elaboración:


  1. Quentar o forno arriba e abaixo a 180ºC.
  2. Bater os ovos, engadir o leite e o aceite, mesturar ben.
  3. Engadir a fariña e o impulsor, mesturar.
  4. Engadir a pementa e o ourego.
  5. Engadir o resto de ingredientes e mesturar.
  6. Pasar a mestura a un molde de silicona ( se utilizas molde metálico úntao de manteiga e enfaríñao).
  7. Meter no forno a 180ºC durante 45 minutos.





Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: unha hora

domingo 16 setembro 2012

Torta de allo porro

Ingredientes (para un molde de 28 cm):


Para a base*: 150 g de leite, 50 g de aceite de oliva virxe extra, un ovo mediano, unha culleriña de lévedo panificable, a punta dunha culleriña de gasificante (lévedo químico), 300 g de fariña sen glute.

Para o recheo: 400 g de allo porro picado, 100 g de xamón picado, media culler sopeira de maizena, medio vaso de auga, pementa negra moida, queixo relado.






* Pódese utilizar unha base de pizza xa elaborada.

Elaboración:


Para a base*:
  1. Mesturar o ovo, aceite, leite, lévedo panificable e gasificante,
  2. Engadir a fariña, remexer e ao final amasar coas mans cubertas de aceite para que non se pegue.
  3. Poñer a masa sobre un tapete de silicona, cun pouco de aceite na superficie, estirar cun rodete (tamén con aceite). Tamén pode estirarse entre dous papeis de forno.
  4. Pasar a un molde desmontable, cortar a masa de maneira que só quede cuberto o fondo do molde.
  5. Reservar.
  6. Acender o forno a 180ºC na parte de abaixo
Para o recheo:
  1. Poñer nunha tixola un pouco de aceite a lume suave.
  2. Engadir á tixola o allo porro picado, deixar que se faga a lume lento.
  3. Cando o allo porro xa estea case feito engadir o xamón picado e a pementa negra moída.Remexer.
  4. Engadir a media culler de maizena, remexer e engadir o medio vaso de auga, remexer e deixar facer durante 10 minutos a lume moi suave.
  5. Botar o recheo enriba da masa e distribuír pola superficie. Botar o queixo relado pon enriba.
  6. Meter ao forno 45 minutos.
  7. Acender o grill e deixar 5 minutos máis.

Dificultade: Media (se utilizas unha base de pizza, fácil)
Tempo aproximado: 15 minutos para elaborar a masa, 30 minutos para cociñar o recheo, 50 minutos de forno.


* A masa é unha receita recollida de Cocina fácil "sin gluten", ainda que alí está feita en Thermomix e aquí está feita o meu xeito.

venres 14 setembro 2012

Trufas de chocolate

Ingredientes:

250 g de chocolate fondant sen glute, 150 g de nata de 35%, 25 g de manteiga, 4 culleres de augardete de laranxa (ou outro licor).



Elaboración:


  1. Colocar a nata nun cazo quentar a lume lento e retirar. A nata non ten que estar demasiado quente.
  2. Engadir á nata a manteiga e o chocolate, remexer ata que estean desfeitos e teñas unha crema.
  3. Engadir o licor e remexer.
  4. Meter a mestura na neveira ata que arrefríe.
  5. Forrar unha bandexa con papel  para forno e ir collendo cunha culler anaquiños da pasta de chocolate.
  6. Facer boliñas, poñelas na bandexa e meter na neveira unhas 4 horas.
  7. Rebozar as trufas con cacao puro ou azucre de lustre.
  8. Aguantan varios días na neveira.





Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o repouso na neveira)

luns 10 setembro 2012

Biscoito de chocolate nun intre

Ingredientes:

Azúcar c/s, cacao en polvo 2 c/s, fariña sen glute (mix dolci de Schär) 4 c/s; un ovo, 3 c/s de leite, 3 c/s de aceite de xirasol, 2 g de impulsor, a pel relada de media laranxa.
c/s= culler sopeira




Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes remexendo ben.
  2. Poñer, nun vaso do mesmo ancho arriba e abaixo*, un dedo da mestura.
  3. Metre no microondas, durante 1 minuto, a máxima potencia.
  4. Sacar do microondas, pasar un coitelo polo bordo do vaso e dar a volta.


* Se non se fai máis onde hai menos masa.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 5 minutos

domingo 09 setembro 2012

Pisto

Ingredientes:

Cebola, pemento verde e vermello, cabaciña, tomate, aceite virxe extra.


Elaboración:



  1. Cortar a cebola en xuliana, os pementos en anacos de 1 cm de lado e a cabaciña en anacos de 2 cm de lado.
  2. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite, engadir a cebola e os pementos e pochalos lentamente.
  3. Cando a cebola e o pemento estea pochado engadir a cabaciña. Remexer e facer lentamente.
  4. Cando a cabaciña este a case feita engadir os tomates pelados e cortados en anacos. Remexer e seguir facendo a lume lento durante media hora. Engadir o sal. 
  5. Se pisto queda moi líquido deixar ferver a lume forte e destapado, remexer de cando en vez coidando de que non se queme.


Suxestións: Ao final pódese engadir ovo batido, mentres o pisto ainda está no lume. Pode servir con anacos de pan frito ou acompañado de pasta ou arroz.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora e media

sábado 08 setembro 2012

Polo crocante con salsa de iogur

Ingredientes:

Unha peituga de polo, ovo, pan relado* sen glute, dous iogures, unha follas de meta, pementa moida, sal aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:


  1. Para a salsa: Picar a menta moi fina, mesturar cos iogures, engadir pementa moida, sal e aceite virxe extra ao gusto.
  2. Cortar a peituga de polo en tiras de 0,5 cm de grosor, salgar.
  3. Bater os ovos.
  4. Pasar os anacos de polo polo pan relado*, ovo e pan relado outra vez.
  5. Fritir os anacos de polo.

*Queda moito mellor con Crunchy Crumbs, é sen glute.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.